Thursday 09 de May de 2024

Aula do Mar e a oficina de información turística abren o día 2 de marzo


A partir do día 2 de marzo abriranse as oficinas de información turística de Santa Cristina e a Aula do Mar de Mera.

Este sábado, día 2 de marzo, póñense en funcionamento dúas instalacións de interese turístico, se ben de momento en horarios bastante limitados debido a que non existe unha demanda moi intensa.

A Aula do Mar, situada na Casa do Fareiro en Mera, abre mércores, venres e fins de semana de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 18:30 horas desde este sábado, día 2 de marzo. En canto á Oficina de Información Turística de Santa Cristina polo momento abrirá os xoves, en idéntico horario, e desde o vindeiro día 7 de marzo.

Estes horarios rexen para visitas individuais, pero as visitas colectivas organízanse a parte.